Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ACORDO DOS TRES GOBERNOS

"Petrosur", o novo xigante que crearán Brasil, Arxentina e Venezuela

Este martes fíxose oficial o proxecto co que o contorno de Lula, Kirchner e Chávez especulaba dende hai meses, a creación dunha empresa petroleira participada polos tres estados. Logo da xuntanza dos tres mandatarios á beira do cumio dos países suramericanos coa Liga Árabe, o presidente venezolano foi o encargado de anunciar a decisión e avanzar algúns dos primeiros traballos que acometerá esa empresa conxunta.

- 10:01 11/05/2005
Tags:

O obxectivo inicial de Petrosur será o financiamento de proxectos de exploración e explotación de petróleo e gas nos territorios de Arxentina, Brasil e Venezuela. Segundo Chávez, a investigación de posíbeis novos xacementos na conca do Orinoco, en Venezuela, e a construcción dunha refinería ao norte do Brasil, estarán entre as primeiras iniciativas.

Chávez aproveitou tamén para lembrar que á volta do verán comezará as súas emisións "Telesur" un canal financiado principalmente polo goberno venezolano e que segundo o presidente "será vital para a integración cultural dos nosos pobos".


Ligazóns

0/5 (0 votos)