Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Esta semana, un congreso sobre a familia...

Todo é susceptible de ser analizado nun congreso, mesmo a familia. Santiago vai acoller de xoves a sábado o II Congreso Internacional da Familia que organiza, obviamente, a Consellería do mesmo nome que dirixe Manuela López Besteiro.

- 10:23 10/03/1999
Tags:

O II Congreso Internacional da Familia vaise celebrar esta semana en Santiago, concretamente o xoves, venres e sábado, coa presencia de numerosos especialistas. Segundo informou onte a Consellería de Familia, organizadora do encuentro, estes expertos "tentarán dar as respostas máis axeitadas para favorecer a recuperación e adaptación do núcleo familiar á sociedade do futuro".

A evolución da sociedade de cara ao século XXI está afectando de xeito especial á familia, que, segundo Manuela López Besteiro, "é unha estruactura básica de calquera sociedade".

O foro "A familia: encrucillada de camiños" quere potenciar a importancia da familia na construcción dunha nova sociedade de acordo coas esixencias que marca a actualidade. Esta segunda edición, segundo a Consellería, vén a reforzar a labor do anterior congreso, que congregou a máis de 500 participantes, no que se analizou a problemática familiar coa fin de propoñer programas de intervención e directrices sobre a formación dos profesionais que desenvolven a súa actiavidade neste campo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: