Un chisco pesada para a navegación con conexións de baixa velocidade, paradoxal circunstancia en terras onde a banda larga é ben escaso, a nova web Eleccións Galegas 2005 está en funcionamento dende este martes. Guieiro electoral e resolución de "dúbidas frecuentes": Que facer cando se vai votar se non se atopan papeletas dunha candidatura? ou Que facer se algunha persoa ou grupo coacciona ou intimida ós votantes?, son algúns dos contidos, que, por se alguén se anima, inclúen Qué se require para poder presentar unha candidatura nas Eleccións ao Parlamento de Galicia?. De paso, algunhas imprecisións, toda vez que a Xunta reciclou os contidos que xa usara na web do 2001 e incluía no apartado de voto por correo coma data para a solicitude do certificado de inscrición o 11 de outubro e o 17 do mesmo mes coma límite para o envío do voto (un erro que foi rectificado posteriormente). Por outra banda, ábrese tamén un teléfono de atención ao cidadán sobre estes temas, 902 190605 que entrará en funcionamento o próximo xoves 5 de maio.