Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ORGANIZADO POLO CPXG E O CLUBE DE PRENSA DE FERROL

Ali Lmrabet, premio José Couso de liberdade de prensa

O xornalista marroquí Ali Lmrabet foi elixido como gañador da primeira edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa convocado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza e o Club de Prensa de Ferrol. Lmrabet recibiu a maioría dos votos emitidos por correo electrónico e convencional polos xornalistas colexiados no CPXG e os socios do Club de Prensa ferrolán. Foran tamén propostos como candidatos ao premio Ignacio Ramonet, Juan José Millás, os servizos informativos da Cadena Ser e Ángel Arnedo, director de El Correo Español-El Pueblo Vasco, entre outros. O obxectivo do premio é "recoñecer e difundir o traballo dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente".

  • Democratizar os medios, preocupación na precampaña galega
  • Instituto Internacional da Prensa: Restriccións á independencia dos medios en todo o mundo
  • Reporteiros Sen Fronteiras: Balanzo da guerra de Iraq: o conflito máis asasino para a prensa dende Vietnam
  • Anteriores: China, o maior censor internáutico mundial
  • No escáner: Están dispostos a democratizar os medios públicos?

  • - 12:25 03/05/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)