A edición de Mundos Dixitais 2005 situará de novo á Coruña, entre os días 25 de xuño e 2 de xullo, como epicentro da animación europea. Neste evento, Dygra Films presentará a súa última longametraxe, O Soño dunha Noite de San Xóan e a produtora Grándola Nova presentará O Laberinto dos Soños.