A ministra de Educación e Ciencia anunciou a creación de tres centros tecnolóxicos en Galicia. Un Centro de Telecomunicacións que respondería "ás iniciativas que quere desenvolver a Universidade de Vigo"; un proxecto de Biotecnoloxía e Vida "en relación coa Universidade de Santiago e probablemente coa cooperación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC)", e, por último, un Laboratorio de Instrumentación médica de Ciencias da Saúde "en convenio entre a Universidade de Santiago e o Centro de Investigacións Enerxéticas, Medioambientais e Tecnolóxicas (CIEMAT)".
María Jesús San Segundo, ministra de Educación e Ciencia indicou que "o Goberno manterá conversacións coa Xunta de Galicia para tentar buscar uns acordos institucionais que reforcen o futuro destes proxectos e destes centros de investigación en Universidades galegas".
Posteriormente "manteranse conversacións entre Goberno central e rexional, conxuntamente coas Universidades implicadas, para acordar o finanzamento destes centros".