Vieiros

Vieiros de meu Perfil


O Morrazo

RSS de O Morrazo
MÚSICA E POESÍA EN CANGAS

O Morrazo homenaxea a Manuel María

Unha mesa redonda coa participación de Xosé Vázquez Pintor e Bernardino Graña, entre outros, abrirá o vindeiro xoves 21 de abril os actos de homenaxe do Morrazo a Manuel María, o poeta da Terra Chá que faleceu o ano pasado. Todos os actos terán lugar no Auditorio Municipal de Cangas.

- 09:44 18/04/2005
Tags:

PROGRAMA

Xoves, 21 de abril, ás 20 horas
no Auditorio Municipal de Cangas
MESA REDONDA
Manuel María, poeta nacional
coa participación de intelectuais e escritores amigos coñecedores da súa obra: Manuela Álvarez, Xosé Vázquez Pintor, Bautista Álvarez e Bernardino Graña. Presenta Pilar Fernández.

Venres, 22 de abril, ás 20,00
no Auditorio Municipal de Cangas
RECITAL
Lectura de poemas de Manuel María.
Coa participación do gaiteiro Iván Costa Blanco e a Coral Polifónica de Bueu

Sábado, 23 de abril ás 21 horas
no Auditorio Municipal de Cangas
CONCERTO MUSICAL
Coa participación de: Na Virada, Tino Baz, A Quenlla, Xavier Blanco, grupo de baile Axoúxeres- Meiramar: estrea da "Danza do Espantallo" (escenificación dunha xeira agrícola) , Grupos tradicionais de Gaitas Manxadoira (Bueu) e Tromentelo (Coiro).


0/5 (0 votos)