"Caos, festa e trasnada" é lema oficial das actividades que esta semana teñen lugar en Irlanda e aló onde haxa pegada da comunidade irlandesa, amplamente espallada por todo o mundo. Conta a historia que San Patricio usou do trevo para contarlles aos veciños da illa do misterio da Santísima Trinidade e que daquela vén a adopción desta pranta de tres follas coma símbolo de Irlanda. Pubs e cervexerías irlandesas celebran tamén por terras galegas a festividade este 17 de marzo.