Amnistía Internacional organiza este martes, na galería Sargadelos de Compostela, unha conferencia da Rita Bolaño Mendoza, unha especialista en microbioloxía que traballou en Colombia con mulleres desprazadas vítimas do conflito que enfronta ao exército gubernamental, grupos paramilitares e a guerrilla colombiana. O seu labor desenvolveuse nas comunidades indíxenas dos Arhuakos, Koguis, Wuyus e Kankuamos. Rita Bolaño, de 34 anos, foi a primeira muller do seu país en acusar a un comandante da guerrilla de violala en repetidas ocasións. Fíxoo en setembro de 2003. Desde aquela vive exilada coa súa familia no estado español dentro do programa de defensores de Amnistía Internacional. A conferencia, titulada "Violencia contra as mulleres no conflito colombiano" terá lugar ás 8 da tarde.