Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Arsenio, o máis votado como seleccionador galego

Segundo a enquisa feita por Vieiros Deportes para coñecer os gustos dos afeccionados sobre un futurible adestrador da selección galega, resultou gañador Arsenio Iglesias, seguido por Fernando Vázquez e David Vidal.

- 12:13 09/03/1999
Tags:

Arsenio segue sendo o máis querido dos adestradores galegos. Así o amosa, a nosa enquisa, na que o de Arteixo colleitou 88 votos, sobre un total de 222 persoas que elexiron o seleccionador galego. Os votos de Arsenio significan un 39 por sen do total e tan só lle fixo sombra Fernando Vázquez con 76 votos, o 34 por cen do total. Chama a atención o tirón que ten en Galicia David Vidal, un home que sempre preparou equipos de fóra do país. Vidal tivo 27 votos, un doce por cen. Fernando Santos e Rodríguez Vaz son os pechacancelas desta mostra, con 18 e 14 votos, respectivamente. Arsenio Iglesias xa dirixeu un combinado galego, non confundir coa selección, nun partido contra a droga en Balaídos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: