O alcalde de Montederramo, o "popular" Antonio Rodríguez Álvarez, acaba de librar do cárcere, "pola longuísima instrución" do proceso, a pesar de ser condenado pola Audiencia Provincial de Ourense por un delito de falsidade documental. A sentencia considera probado que Rodríguez falsificou en 1994 a sinatura dun técnico nunha certificación dunha obra inexistente co obxectivo de cobrar unha subvención da Xunta de 4.200 euros. De non mediar a atenuante do "retraso xudicial inxustificado", o alcalde tería que cumprir unha pena de tres a seis anos de cadea.