O Auditorio da Universidade acolleu o domingo o congreso constituínte do Sindicato de Xornalistas de Galicia. Arredor de 160 xornalistas preafiliáronse e preto de 70 participaron neste congreso no que saíron elixidos o xornalista Xurxo Salgado, como secretario xeral e un consello directivo formando por 15 membros. No evento participaron membros doutros sindicatos de xornalistas do estado español e de Portugal e tamén o Colexio de Xornalistas de Galicia, represetado polo decano Xosé Manuel Vega.