Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
CAMPAÑA A PROL DA RECEPCIÓN DAS CANLES DE TV LUSAS

Intercambio audiovisual para derrubar fronteiras na eurorrexión

Alén da posibilidade que xa teñen nas zonas fronteirizas de veren as canles de televisión e escoitaren as radios portuguesas, dende unha nova plataforma creada no ámbito lusófono galego móvense a prol da extensión desa recepción a todo o territorio galego.

- 10:12 23/02/2005
Tags:

"A inexistência de médios de comunicaçom em galego-português é, sem dúvida, uma das causas da acelerada perda de falantes que a Galiza vem a sofrer nas últimas décadas. Assim mesmo, existe a dia de hoje, um consenso quase unánime tanto na Galiza como em Portugal a respeito da necessidade de criar mais e mais pontes de troca cultural entre as duas beiras do Minho", subliña o colectivo.

Contámoslles de paso que na rede existen xa diversas posibilidades de achegármonos ao que ven nas pantallas os veciños portugueses. Na web da RTP poden acceder aos principais telexornais e ademais recomendámoslles botarlle un ollo ás brincadeiras da versión portuguesa dos guiñois. Na mesma liña, nas webs da SIC ou TV Ciencia poden atopar videos para descargar e por outro lado, ademais de contidos gravados, a TVI emite tamén programación en directo.

Máis vizosa é a oferta na rede que nos chega dende o ámbito audiovisual brasileiro: a radio e televisión públicas emiten en directo a súa programación en internet e Terra Brasil ten unha canle con contidos as 24 horas, o mesmo cá Rede TV. Outros exemplos: a TVE que emite dende Portoalegre e a TV "galega" de Blumenau.


Ligazóns

0/5 (0 votos)