O xogador balcánico reapareceu este domingo contra o Betis despois das lesións na dianteira. Vlado Gidelj fixo dous goles e tivo unha magnífica actuación. Non era titular no Celta dende o ano 97, precisamente perante o Betis. Os berros de Balaídos foron de novo: Gudelj, Gudelj!
As máximas marcas de goleadores do Celta en liga están a piques de ser superadas por Gudelj. Cós dous goles do domingo, son 94 os que o serbobosnio anotou coa camisola celeste na liga española. Os mellores realizadores da historia celtiña son: Hermidita,107 goles e Nolete 96. Se Gudelj continua a racha podería facer historia e reconfirmarse no xogador máis carismático do Celta nos últimos dez anos.