Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONMEMORACIÓN

Auschwitz: 60 anos despois da fin do símbolo do holocausto

Foi o maior campo de exterminio creado polo rexime naci durante a Segunda Guerra Mundial. Construído en 1940 en Polonia, aló morreron máis dun millón de persoas, a maioría pola súa condición de xudeus, pero tamén milleiros de presos de guerra rusos, ciganos e homosexuais, moitos polas duras condicións de traballo ou a malnutrición e os outros nas cámaras de gas. En 1945 a chegada das tropas soviéticas marcou a fin da traxedia atrás dos seus muros. Este xoves, líderes internacionais asistirán a un acto en recordo da liberación. O mércores, Ariel Sharon tivo duras palabras no Parlamento xudeu en lembranza de Auschwitz: "os aliados sabían da aniquilación dos xudeus e non fixeron nada", afirmou, "nese momento os xudeus aprenderon que só podemos confiar en nós mesmos".

  • Museo de Auschwitz
  • Galería de imaxes do campo de concentración de Auschwitz na BBC
  • Anteriores: O mundo non fai abondo para evitar novos xenocidios

  • - 17:57 27/01/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)