Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A PRIMEIRA MULLER QUE O COROA EN SOLITARIO

Chus Lago alcanza o cumio máis alto da Antártida

A alpinista viguesa Chus Lago é a primeira muller que consegue coroar en solitario o cumio do Macizo Vinson, a montaña máis alta (5.144 metros) da Antártida. O obxectivo principal da alpinista era abrir unha nova ruta, chamada Galfrío, nos accesos ao Vinson. O 25 de decembro, día do seu aniversario, cunhas temperaturas próximas aos 50 graos baixo cero, Chus Lago logrou chantar a bandeira galega no curuto da montaña máis elevada do continente antártico. A alpinista empregou dous días na escalada.

- 09:13 27/12/2004
Tags:


0/5 (0 votos)