O presidente de CiU, Artur Mas, desacreditou hoxe o documento de bases da nova organización territorial que analisou o Goberno da Generalitat e manifestou que "o que aprobaron e nada é o mesmo", o cal ofrece "unha imaxe pouco seria" do executivo. Segundo Mas, "non conseguimos saber se aprobaron algunha cousa" ou se "leron un informe e, de palabra, déronlle o visto bo", porque "entre os acordos do governo non aparece". No texto establécese a división de Cataluña en sete "veguerías" pero non entra a definir un novo mapa comarcal e deixa posíbeis ampliacións en mans da vontade dos municipios, recupérase a rexión metropolitana de Barcelona e non propón ningunha modificación do mapa municipal.