Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SUBSTITUIRAAS POR SETE "VEGUERIES"

O goberno catalán comeza o proceso de supresión das provincias

O goberno catalán anunciou que a nova Lei de Ordenación Territorial suprimirá as catro provincias catalás por sete "veguerías", unidades supracomarcais que absorberán as actuais deputacións provinciais. O deseño provincial só seguirá sendo válido naqueles aspectos que afecten o goberno español. O período de transición comezará despois das vindeiras eleccións municipais. A un nivel inferior manterase a actual organización en comarcas e concellos. Máis información en Vilaweb.

- 10:02 15/12/2004
Tags:


0/5 (0 votos)