O grupo de ecoloxistas ourensán "Ridimoas" dedica a maior parte dos seus ingresos a comprar bosques e terreos para rexeneralos e mantelos en boas condicións. Pablo Rodríguez "Oitabén", afamado ecoloxista e biólogo ourensán é o director desta asociación.
A Asociación Ecoloxista "Ridimoas" que ten xa unha existencia de 10 anos dedica parte dos ingresos a comprar bosques e terreos
para rexeneralos. Algúns dos proxectos que se desenrolaron nestes anos foron a adecuación de habitats para anfibios, reforestación con especies autóctonas e medidas para a loita contra os incendios con previo analise das condicións climáticas.
O grupo ecoloxista conta con cerca de 700 socios parte dos cuais se reuniron este fin de semana nunha concentración que xa é tradición
nos bosques do Concello de Beade onde está situado o bosque Ridimoas.