Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ACUSACIÓNS POLO NOMEAMENTO DE CORTIZO

O PP acusa ao PSOE de inventar un embaixador para "manipular o voto emigrante"

"É a primeira vez que se nomea alguén que non é diplomático para unha embaixada de asuntos especiais", declarou o secretario xeral do PP sobre a escolla do socialista galego Miguel Cortizo coma "embaixador especial para as comunidades españolas en latinoamérica". Di Rajoy que a decisión ten que ver coas próximas eleccións autonómicas en Galiza.

- 07:34 01/12/2004
Tags:

"Ademais, non ten ningunha experiencia neste tipo de asuntos", insistiu o líder dos populares sobre Miguel Cortizo, deputado do PSdeG no Parlamento galego escollido polo ministerio de Asuntos Exteriores coma embaixador en "Misión Especial para a Coordinación das Relacións coas Comunidades". "É un nomeamento que se produce única e exclusivamente para que esa persoa manipule os votos dos residentes españois no extranxeiro cara ás eleccións de Galiza", asegurou Mariano Rajoy, quen chegou a cualificar a decisión de "asalto ás institucións".

Paradoxalmente, e segundo revelou o propio Cortizo, dende o goberno autonómico galego teríalle chegado xa, unha vez coñecido o seu nomeamento, unha felicitación do propio presidente da Xunta, Manuel Fraga. Segundo Cortizo, a postura de Rajoy tería que ver coa "campaña de acoso ao ministro Moratinos" logo das acusacións deste sobre a implicación do anterior executivo no golpe de Estado en Venezuela. O deputado socialista cualificou a actitude de Rajoy de "desprezo" coa comunidade emigrante en América.


Ligazóns

0/5 (0 votos)