O proxecto de Porto Exterior da Coruña levou outro pau esta fin de semana, coa renuncia do secretario de Organización do PSOE a comprometer o apoio á obra se non chegan fondos europeos. Ao tempo, Blanco acusou á Xunta de poñer en perigo a súa construcción, dixo que as acusacións aos socialistas trataban de agochar a crise do PPdeG e pediulle a Fraga que debata os orzamentos con Touriño. Dende o BNG, Anxo Quintana avísalles a PP e PSOE que están perdendo a súa "credibilidade" defendendo unha cousa ou a contraria segundo "estean na oposición ou gobernado" e pídelles compromiso cos "intereses de Galiza". Máis no Diario de Titulares.