Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ENTRE ELES A MARCELO OTAMENDI, ÚLTIMO DIRECTOR DO XORNAL

Del Olmo procesa oito directivos de Egunkaria

O xuíz da Audiencia Nacional Juan del Olmo procesou oito directivos de Egunkaria acusados de ser fundadores, promotores e directivos dunha asociación ilícita supostamente subordinada a ETA. Un dos procesados, Joxemi Zumalave, morreu en 1993. O xuíz acusa a Xabier Alegría de ser o vencello entre o xornal e ETA. Os outros procesados son Marcelo Otamendi, o derradeiro director de Egunkaria, Iñaki Uria, Joan Mari Torreldai, Txema Auzmendi, Pello Zubiria e Xabier Oleaga. Todos eles deberán comparecer na Audiencia Nacional o 4 de decembro para ser notificados polo xuíz.

  • Máis información en Vilaweb e Gara

  • - 18:51 04/11/2004
    Tags:


    0/5 (0 votos)