Dende 1960, a porcentaxe de xeo existente entre a superficie e o fondo do mar ártico diminuiu en máis dun 40%. Coa evolución actual, o océano de xeo desaparecería na rexión cara o 2060, con graves consecuencias para o resto do planeta. Sobre o asunto, a BBC faise eco do informe dun científico que avalía en menos do 0,3% do PIB mundial os custos de frear o cambio climático. Iso si, entre a ducia de propostas do seu estudio, aparece unha con crecente predicamento entre líderes políticos e moi polémica cara á opinión pública: a opción da enerxía nuclear.