A falla de servicios mínimos no transporte de viaxeiros por estrada sume a Ferrol nun caos no segundo día de folga no sector. Numerosos escolares quedaron hoxe na casa, por segundo día por carecer de transporte escolar. Os traballadores do sector denuncian o excesivo número de horas que teñen que estar a disposición da empresa, nalgúns casos, dazaseis.
Demandan un control das xornadas laborais. Ese é a principal reivindicación dos traballadores de empresas de transposte de viaxeiros, que iniciaron unha folga o venres da pasada semana. Representantes dos traballadores negocian o control das xornadas laborais, e a reducción de horas a disposición das empresas. Os escolares foron os primeiros perxudicados por esta folga que afecta a todo tipo de transporte de viaxeiros. A comarca de Ferrolterra é unha das areas máis afectadas na provincincia de A Coruña.