"Fiscalización e paralización inmediata das obras" en Santiago da Cidade da Cultura é a petición realizada pola CIG a Parlamento e Consello de Contas. Dende o sindicato cualifican a xestión do proxecto de "operación de nepotismo", "creba monetaria" e "atentado contra os intereses xerais" e pídenlle ao goberno galego que explique polo miúdo. Escuros procesos de contratación e adxudicación de partidas, secretismo sobre os pagamentos ao arquitecto Peter Eisenman, cesión da dirección da obra a un estudio dirixido polo marido da conselleira de Familia... están entre as irregularidades que segundo a CIG xustifican a acusación por "malversación de cartos públicos".