Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DENUNCIA DE "SOS COUREL"

As canteiras de lousa e o futuro do Caurel

A asociación SOS Courel denuncia a "gran catástrofe ambiental" que se está a producir pola proliferación de canteiras de lousa no concello de Folgoso do Caurel. Os membros da asociación consideran que a empresa "La Campa", do grupo Cupire Padesa, SL, mantén abertas canteiras "a menos de 300 metros do río Lor, nel verten as augas do río que baixa de Santa Eufemia, totalmente ocupado este polo escombro da canteira e polos traballos de extracción". Denuncian tamén que "non se rexenera o terreo" e que o uso de explosivos causa "regañas nas paredes das casas e nas abas dos montes".

- 13:01 01/10/2004
Tags:

SOS Courel advirte que "esta empresa está tramitando a legalización no Concello e a ampliación. A recente consecución da categoría de "explotación de recursos c", permitiralle no futuro, previa concesión de licencia municipal, a ampliación e expropiación forzosa dos eidos e casas aos veciños.

- Toda esta situación traerá consigo a desvalorización das propiedades, o cese da actividade turística e agrogandeira e o despoboamento total do Concello.

- No Courel leváronse a cabo investimentos de fondos europeos, a través de sucesivas iniciativas LEADER coa finalidade de promover o desenvolvemento rural sostible, totalmente incompatible con este xeito de explotar os recursos naturais.

- A Unión Europea está a cofinanciar un plan para a rexeneración hidrolóxico-forestal das escombreiras de pizarra de toda Galiza. As escombreiras do Courel quedaron fóra deste plan.

- Por suposto, o noso apoio aos traballadores e traballadoras, desta canteira e do Courel en xeral, na defensa dos seus dereitos: á estabilidade laboral, a unha remuneración xusta, á seguridade e hixiene no traballo, a unha representación democrática,...... Á indemnización correspondente no caso de que se vulneren estes ou sexan víctimas dun fraude e a un posto de traballo alternativo.

- Ancares-Caurel está declarado Zona de Especial Conservación, é polo tanto de lei, e na man das administracións está, para un Courel sostible e habitable, promover o emprego alternativo: na protección e rexeneración ambiental, conservación da paisaxe tradicional, conservación do patrimonio cultural, silvicultura, agrogandería de calidade (carne, castañas, mel, horta .......), turismo sustentable, ....... Evitando así, a chantaxe das empresas que destrúen poñendo os postos de traballo por diante.


Denunciamos de paso, unha vez máis, o noso problema humanitario:

• Marxinados, illados, sen a maioría dos servicios básicos e obrigados a marchar, de pouco nos serve que unha canteira teña unha producción bruta 20 veces superior á suma do orzamento do Concello, do gasto educativo e do gasto en sanidade.

• No ano 2003, levouse a cabo, entre os veciños, unha masiva recollida de sinaturas, apoiando un documento no que se pedía un plan de emerxencia para o Concello, foron entregadas ao Presidente da Xunta en decembro dese ano, ós Conselleiros, ao Valedor do Pobo e no Parlamento de Galiza. Estamos aínda esperando a resposta do Sr. Presidente, do que din que ten por costume contestar a todas as cartas.

• Nese plan de emerxencia pedíase, entre outros servicios, cobertura sanitaria durante a noite, das 22 h. ata as 8 h. do día seguinte, por ser unha zona illada de montaña.

• Tamén se pedía a mellora das estradas que nos comunican coa autovía e con Monforte. A resposta foi proxectar unha superestrada, cun orzamento de case 18 millóns de euros, en dirección Quiroga, que os veciños nin pediron nin utilizarán, salvo para acudir ás feiras. Débense mellorar as comunicacións priorizando, sen despilfarros e estragando o menos posible o entorno".


0/5 (0 votos)