A Wikipedia, a enciclopedia en liña de acceso libre, alberga xa un millón de artigos en máis de 100 linguas diferentes, entre elas o galego. Polo número de artigos, as linguas máis utilizadas son o inglés, o alemán, o xaponés e o francés. A principal característica da Wikipedia é que está baseada na tecnoloxía wiki, o que ofrece a posibilidade de acceder libremente á edición dos textos. Constrúese coa achega de milleiros de voluntarios que editan en liña ás súas informacións, actualizan e revisan os artigos. A Wikipedia comezou a elaborarse o 15 de xaneiro de 2001. A Wikipedia en galego comezou a funcionar en marzo de 2003 e na actualidade conta con máis de 1.600 artigos.