Centos de persoas achegáronse ao Panteón de Galegos Ilustres na igrexa compostelá de San Domingos de Bonaval para despedir a Manuel María, o poeta chairego, que morreu onte na Coruña. Varios colectivos organizaron unha serie de actos no Museo do Pobo Galego para homenaxear ao autor de Terra Chá e Muiñeiro de Brétemas. O enterro terá lugar hoxe venres no cemiterio de Outeiro de Rei, a súa localidade natal.