Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOVIDADES NA CARTELEIRA

Ovación en Venezia para "Mar adentro", o filme sobre a vida de Ramón Sampedro

Arredor do desexo de rematar a vida dignamente se move o filme que protagoniza a carteleira galega esta fin de semana. Mar adentro, homenaxe cinematográfica para Ramón Sampedro que pon a eutanasia outra vez nas primeiras planas. A película, dirixida por Alejandro Amenábar, foi acollida dunha grande ovación no festival de Venezia e é unha das favoritas ao León de Ouro.

- 10:40 05/09/2004
Tags:

Cun longo aplauso acolleu a Mostra de Venezia o filme de Alejandro Amenábar, 'Mar adentro', protagonizada por Javier Bardem e baseado na vida de Ramón Sampedro, o ribeirán que encarna a loita pola eutanasia no noso país. A teor da recepción da crítica internacional, 'Mar adentro' é unha das favoritas a colleitar o León de Ouro, o máximo galardón da Mostra.

Tamén nas salas: terror xaponés, brincadeira adolescente con "mozas malas" e un gato laranxa que brinca da banda deseñada ao cinema para ledicia dos máis cativos.

Estreas o 3 de setembro:

  • Mar adentro
  • Garfield
  • Mozas malas
  • A maldición (2)

    Aquí as estreas da semana anterior


  • 0/5 (0 votos)