Dúas filólogas da Universidade das Illas Baleares, Caterina Canyelles e Margalida Cunill, acaban de facer unha proposta normativa sobre o uso do catalán nas mensaxes de móbil. O seu obxectivo, regular as abreviaturas das mensaxes para que o código propio dos móbiles non "desvirtúe" a gramática catalá.
Entre as ideas desta proposta está a de eliminar acentos, apóstrofos ou trazos, sempre que non se dificulte a comprensión do texto, converter conxuncións de dúas letres nunha ou deixar de usar a 'u' despois do 'q'. Así, estas dúas filólogas propoñen que o 'k' non teña esa función estilística de substituír sistematicamente o 'c', senón que se empregue só en troca de 'ca' (casa=ksa). Do mesmo xeito, o 'w' substituiría 'gu', como en 'wapa' (guapa) ou 'paraiwes' (paraigües).
A proposta presentouse no marco da Universidade Catalá de Verán de Prada. Canyelles explica que a proposta "é máis práctica ca facer un dicionario" porque "a xente non pode estar a buscar continuamente cada termo nun libro. As filólogas desexan "poñer un pouco de orde neste novo tipo de comunicación".
Lembrémoslles o experimento de dicionario colectivo de abreviaturas de móbil que promoveu Vieiros para o galego, co gallo do Día das Letras de 2004.