A Mesa Galega contra a Patentabilidade da Programación, formada por empresas que operan no ámbito das novas tecnoloxías da información e da comunicación, grupos de utilizadores de Linux así como outras instancias da sociedade galega, quere manifestar o seu profundo malestar polo convenio marco asinado recentemente polo goberno galego coa empresa norte americana Microsoft Corporation para o desenvolvemento da administración electrónica e da sociedade da información. Poden ler o comunicado completo no Canal Fwwwrando.