Non é un segredo que as familias de Osama Ben Laden e de Bush teñen negocios xuntos. Logo dos atentados contra as Torres Xemelgas varios medios comentaron o asunto e referíronse aos privilexios desta familia saudí nos EEUU, a quen o goberno mesmo lle axudou a marchar do país logo do 11S sen sometérense a investigacións. Este e outros asuntos son tratados no último filme de Michael Moore: "Fahrenheit 911", que estes días compite no festival de Cannes. A prensa USA vén de facer pública a manobra da Disney, propietaria da distribuidora Miramax, para impedir a difusión do traballo de Moore, gañador dun Oscar en 2002. O título do filme fai referencia a outro episodio de censura sufrido polo autor, cando se freou a distribución do seu libro logo do 11S.