A Terra proxectando a súa sombra sobre a lúa, sen escurecela completamente e suxerindo luces con tons entre laranxa e azul, segundo as condicións meteorolóxicas do momento. Se as nubes non lles deixan gozar do espectacular fenómeno do eclipse de lúa que terá lugar esta noite, en internet teñen opción de seguilo en directo. Varios obervatorios ofrecerán esta posibilidade. Recomendámoslles o guieiro da web do departamento de astrofísica da UCM. No Canal Fwwwrando contámoslles tamén do ‘Sasser’, o último verme que buliga a rede, da polémica da AI e a SGAE e das novidades para o control do pirateo dos novos mp3.