O 15 de marzo comezaron os cursos de lingua galega, historia de Galicia, etc. no Patronato da Cultura Galega.
O Patronato da Cultura Galega inicia os seu cursos anuais o 15 de marzo cunha cerimonia de apertura na sua sede. A nómina de cursos previstos para este ano é a seguinte: lingua e literatura galega a cargo das profesoras María do Carme Díaz Moreira e Carmen Lorenzo Neo; historia de Galicia dictada pola profesora Beatriz Rivas; obradoiro de teatro coordinado por Rosita Freiría e Roberto Andrade; declamación, dirixido po Marcelina Calderón; acuarela, pola arquitecta Elsa González;cerámica: obradoiro a cargo da alfareira Esperanza Romariz e danza galega a cargo da profesora Susana González.
O Patronato da Cultura Galega foi fundado o 8 de xuño de 1964. Publica mensualmente a revista Guieiro redactada integramente en galego, anualmente fai entrega da "Vieira de Prata " a persoas o institucions destacadas no seu traballo a prol da cultura galega, dispensa os cursos xa mencionados e realiza infinidade de conferencias, coloquios e obradoiros con personalidades de Galicia que se achegan a Montevideo para participar nas súas actividades. Ademais conta coa máis importante biblioteca de publicacións en galego de América, con mais de 10.000 exemplares.