Vilagarcía acolle entre o 7 e o 10 de abril a novena edición do torneo de baloncesto sub 20, Basket Cup 2004. Da península, participan o Barcelona, o Estudiantes, o Caja España León e o Unicaja Málaga. O Real Madrid, un clásico do torneo, non xoga este ano ao non ter equipo sub 20. Por parte estranxeira, hai novidades: a presencia do CSKA de Moscú e do Estrela Vermella de Belgrado, dúas escuadras que parten como favoritas para facerse co triunfo, se conseguen derrotar ao actual campión, o equipo lituano Zalgiris Kaunas. Os norteamericanos están representados por xogadores da primeira Liga Universitaria, que chegan a Vilagarcía agrupados baixo a denominación 'Athletes in Action'.
O prezo das entradas para cada unha das xornadas é de tres, catro, cinco e seis euros para os partidos do mércores, xoves, venres e sábado respectivamente. A programación do torneo complétase con actividades paralelas, comos os habituais concursos de triples e mates ou o campionato infantil no que participan os equipos de baloncesto da comarca do Salnés.
Máis información na web do torneo.