Membros da administración Bush coñecerían os proxectos de Al Qaeda de secuestrar avións e atentar en EEUU meses antes do 11S. Así o declarou para o xornal inglés The Independent unha ex traductora do FBI, que acusa a Bush e á súa conselleira de Seguridade Condoleeza Rice de mentir ao respecto. A denuncia únese ás críticas de Richard Clarke, ex-asesor de Bush, dentro das investigacións da comisión aberta para analizar a catástrofe que van confirmando as neglixencias da actual administración neste asunto.