Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
NOVA NORMATIVA

9 meses despois, a norma da concordia chega ao DOG

O Diario Oficial de Galiza publícase o venres 26 de marzo por primeira vez respectando a reforma da normativa do galego. Este feito, demorado durante nove meses, supón unha aceptación implícita da normativa por parte das institucións autonómicas. Sen embargo, o DOG escolleu a forma máis suave de aplicación.

- 10:50 26/03/2004
Tags:

Moitas foron as reticencias prácticas da Xunta no respecto da reforma normativa. Ademais das demoras provocadas pola decisión de publicar ou non o texto da reforma no DOG, o propio Diario Oficial seguiu escribindo 'servicios' e 'estructuras' ata o xoves 25 de marzo, nove meses despois da aprobación dos cambios pola Academia. O troco con máis implicacións é o que afecta a palabra consellaría, que obrigaría cambios importantes en papelaría e rotulacións.

Sen embargo, a reforma normativa que aplica o Diario Oficial é tépeda: respecta os cambios mínimos e obrigatorios, pero queda coas formas antigas alí onde é posíbel a convivencia: sufixos en -ible, consellerías, ó e ao mesturados... A tendencia nun futuro será ao e -aría, aínda que esta última opción presenta problemas pola denominación oficial das 'consellerías'.

A semana pasada o Consello da Xunta presentaba un informe sobre a aplicación na normativa na Xunta e nas Consellarías. O informe fora impulsado por Cultura e Comunicación Social, e o propio goberno autonómico preferiu manter o informe en secreto: ningunha fonte das consellerías posibelmente implicadas revela os seus contidos.


0/5 (0 votos)