Un dossier sobre o cinema de Victor Erice, que inclúe unha longa entrevista co esquivo director, ocupa a parte central do terceiro número da revista Ariel, que edita o Cineclube Compostela. Na súa liña de rigor e paixón, este último número propón unha revisión crítica de dous filmes de Murnau e Firitz Lang, realiza unha crónica do festival de Donostia, continúa coa serie sobre o cinema de Robert Bresson e ofrece unha guía de libros e discos relacionados co mundo do cinema. Atención tamén ao comprometido editorial da revista e ao manifesto do reorganizado movemento cineclubista brasileiro.