Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
ACTIVIDADES DEPORTIVAS

A Universidade de Vigo aposta pola aventura

O Servicio de Deportes da Universidade de Vigo deseñou para esta primvaera un programa de actividades de lecer e tempo libre no que predominan os deportes de aventura, como o ‘bungee’ (tirarse dunha ponte) a escalada ou a tirolina. A comunidade universitaria dos tres campus, Pontevedra, Vigo e Ourense, pode escoller entre dez modalidades deportivas diferentes.

- 13:05 04/03/2004
Tags:

Campus de Pontevedra e Vigo
Os que busquen un subidón de adrenalina, poden optar por facer bungee sobre o Miño, en Ribadavia (18 e 26 de marzo; 2, 16 e 23 de abril). La inscrición custa 30 euros e da dereito a transporte, seguro e dous saltos.

Tamén é posible practicar parapente en Santa María de Oia, por un prezo de 25 euros (27 de marzo e 3, 17, 24 de abril), ou Paint Ball, unha especie de simulación de guerra con pistolas de pintura. Será no parque forestal de Beade, en Ourense, os días 16 e 25 de marzo, e 1, 15 e 22 de abril. La inscrición (22€) inclúe o material.

O Servicio de Deportes tivo o acerto de incluir no programa outras disciplinas minoritarias, que ata hai pouco estaban reservadas para determinados estatus sociales, como o golf, no Balneario de Mondariz, a equitación, no Centro Ecuestre Serra do Galiñeiro, ou a esgrima, no pavillón universitario do Campus de Vigo.

Campus de Ourense
Na primeira semana de marzo celebraranse cursos de ioga, tai-chi e tiro con arco. Na segunda, temos espeleoloxía co Clube Alpino Manzaneda, e tiro olímpico, co Clube Eiroas. Os universitarios interesados na náutica terán a posibilidade de recibir clases no Club Náutico Castrelo de Miño.

Para os amantes da natureza, hai escalada a rapell (6 de marzo), tirolina no río Lonia (20 de marzo), descenso de cañóns no río Mao (24 de abril) e ata unha acampada, que se celebrará en maio nun lugar aínda por determinar.

As inscricións faranse efectivas no edificio do Servicio de Deportes, no Campus de Vigo ou chamando ó teléfono 986/812182.


0/5 (0 votos)