O Parrulo Indunor de Ferrol e o Rias Baixas de Pontevedra teñen nesta fin de semana a reanudación da liga de división de honra na vixésimo cuarta xornada. Rias recibe a Industrias Gatrcía de Santa Coloma e o Parrulo viaxa a Maspalomas.
Os pontevedreses xoagan a partir das seis e media da tarde de mañá, sábado 6, no pabillón municipal de Pontevedra. O seu rival é unha das revelacións deste ano. Os cataláns, adestrados por Tachinha, son os quintos calsificados con 39 puntos e o Rias Baixas ten 32, dous postos máis abaixo.
O outro equipo galego, O Parrulo de Ferrol, viaxa á casa do pechacancelas da clasificación, Maspalomas, 9 puntos, para tratar de sair dos postos baixos da clasificación. Os ferroláns, con 27 puntos, tratan de incorporar un novo xogador extranxeiro, despois da marcha do brasileiro Tadeu. O partido dispútase mañá ás seis da tarde.