Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Caras novas na lista de Francisco Vázquez

Durante esta semana Francisco Vázquez foi desvelando con certo suspense as novas caras que formarán parte da lista do PSOE para as eleccións municipais de Xuño. Aparecen representantes veciñais, voces do mundo da comunicación, e tamén xente nova.

- 12:20 05/03/1999
Tags:

Durante os diferentes días desta semana, o alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, foi desvelando as novas persoas que ían formar parte da candidatura do PSOE para as eleccións municipais.

Tódolos días presentaba algún novo membro da candidatura, ata remata-lo xoves, no que diu a gran noticia: a inclusión no número 9 de Cándido Barral, veterano periodista da Cadena SER, que leva moitos anos dirixindo o programa dominical "El coruñés opina".

O martes presentou a varios representantes veciñais.

O mércores presentou a tres persoas que lle imprimen aires de xuventude e lle permitten supera-lo cupo femenino na súa lista electoral.

Estas persoas son Esteban Lareo Fernández, fillo do concelleiro do mesmo nome falecido en 1996, Rubén Darío Boullón e María Nieves Vázquez, todos eles con menos de 30 anos.

Francisco Vázquez ironizou dicindo que "son os alcaldes do século XXI, pero moi a finais do século XXI"


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: