Hoxe celébrase o cabodano da morte de Moncho Reboiras, o dirixente da Unión do Povo Galego que morreu durante un enfrontamento coa policía en 1975 na cidade de Ferrol. Como cada ano, as distintas formacións nacionalistas renderanlle homenaxe. A UPG celebra pola mañá unha ofrenda floral na tumba de Reboiras no cemiterio de Imo, en Dodro, e pola tarde en Ferrol, no portal da casa onde caeu morto o militante nacionalista. Pola súa banda, a esquerda independentista -que aglutina á FPG, AMI e Primeira Linha- tamén preparou actos similares para hoxe, en conexión co Día da Galiza Mártir que se celebra o vindeiro 17.
.