Eu baseo o meu soldo en levar 26 anos adicado á política, retrucoulle Ramón Rodríguez Ares ao concelleiro do BNG e anterior alcalde Abel López. Aos veciños non lles importa o que gañen os políticos sempre que fagan estradas e os soldos sexan razonables, engadiu Ares, que aproveitou a volta ao goberno local para rabuñar da caixa do concello o dobre do que cobraba Abel López, pasando a ingresar dende agora case 60 mil euros ao ano. En total, o custe das nóminas do novo equipo, tránsfuga incluído, será de 191 mil euros máis que o anterior, cantidade que segundo a oposición se lle quita a orzamentos de ambiente e saneamento. Ares por certo, fronte aos apupos do público presente ordeou desaloxar o pleno e anunciou a posible presentación de denuncias contra os veciños presentes. Poden ampliar no Diario de Titulares.
.