O trofeo máis importante do fútbol africano, a Copa Nokia de Nacións, comezou esta fin de semana. Os campos de Tunicia presenciarán durante tres semanas a actuación das dezaseis seleccións máis importantes do continente. Un de cada dous africanos (300 millóns de persoas) vive con menos dun euro ao día, e en países destrozados pola fame e polas guerras civís. Sen embargo, procurarán unha televisión para observar o seu espectáculo multimedia máis importante. Os favoritos: Senegal, Sudáfrica e os tetracampións Exipto e Camerún, vixente titular. Tamén gañou a Copa en catro ocasións Gana, pero non chegou desta volta á fase final.
.