Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Comeza o 'Ano Reimóndez Portela' na Estrada

O Concello da Estrada declarou o 2004 como Ano Cultural Reimóndez Portela, recoñecemento que recibiu no 2003 Marcial Valladares. Manuel Reimóndez Portela (1916-1994) foi alcalde do concello estradense, 'médico de aldea' e autor de varias obras relacionadas coa mediciña popular e outras temáticas locais: 'A Estrada rural', 'A rapa das bestas de Sabucedo' e 'Cruceiros e cruces do Nordeste da provincia de Pontevedra', entre outras. Os actos da homenaxe comezan o domingo 25 de xaneiro, coa descuberta dunha placa na súa casa natal, na parroquia de San Miguel de Castro, e cunha misa ao aire libre con ofrenda floral, coral e banda de música.

- 10:48 23/01/2004
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: