O agora único concelleiro socialista na vila coruñesa, Manuel Paz Leis asegura que foi en outubro cando lle comunicou á dirección do PSdeG que o seu compañeiro José Luis Santamaría preparaba unha moción de censura. Segundo Paz Leis, o tránsfuga ofreceulle daquela participar na manobra asegurándolle tamén que tiña máis apoios na xestora do PSOE local. Leis acusa a Santamaría de dar este paso pola negativa do goberno de coalición a pagarlle un soldo de 80 mil euros ao ano. Cóntanolo este xoves o xornal coruñés La Opinión.
.