Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Un dominio galego para Google

Existe desde hai tempo unha versión galega do buscador Google pero o dominio Google.es/Gl e o identificativo de "España" que aparecía na web non contentaba a todo o mundo. Esta dependencia do punto 'es' xa levara aos cataláns a crear un enderezo propio para a versión catalana do procurador, GoogleCat.com, e agora un galego vén de facer o propio con GoogleGZ. O creador, Roi Taboada, rexistrou GoogleGz.tk e asegura que pronto terá un punto com. Na nova versión, que utiliza o mesmo motor que o Google de sempre, os textos están en galego e a novidade é que nas ferramentas de selección de lingua Galiza figura na listaxe de países.

- 16:51 19/01/2004
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: