A presunta especulación urbanística que estaría por tras da moción de censura motivou a forma escollida para a protesta deste domingo na vila coruñesa: cun ladriño na man, e ata máis dun milleiro deles, os veciños formaron nunha praza do concello o lema Moción Non. Moitos máis, arredor de catro milleiros, participaron na manifestación, con berros contra o ex alcalde e senador popular Ramón Rodríguez Ares e o tránsfuga do PSOE José Luis Santamaría. O pleno, coa votación da moción de censura coma único punto do día, celebrarase este luns ás 12h. na Casa da Cultura.
.