O Ateneo ferrolán celebrará este venres as súas XIX Xornadas de Gaita, unha cita de carácter anual que ten por obxectivo a promoción da música galega. Nesta casión o certame contará coa participación do grupo folk Veria e da gaiteira escocesa Marie.
Hai xa vase vinte anos que o Ateneo Ferrolán organiza as Xornadas de Gaita, un lugar de encontro para grupos ou xentes que empregan este instrumento nas súas composicións e actuacións.
Unha das características deste certame é a participación de música folk galega, xunto con algún autor ou grupo invitado de fóra de Galicia. Dentro deste último apartado, actuará nestas XIX xornadas a gaiteira escocesa Marie.
O recital, que dará comezo ás 20:00 horas, contará ademais coa presencia do grupo Veria, de Cospeito. Esta formación traballa pola recuperación das pezas tradicionais da súa zona, como as que interpretaban os compoñentes do cuarteto Alegría de Muimenta entre os anos 1946 e 1962.