Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Rajoy presentou os novos selos do Xacobeo

O ministro de Cultura, Mariano Rajoy, presidiu onte en Santiago a reunión do Pleno do Consello Xacobeo, na que se presentaron as actividades que as diferentes autonomías polas que pasa o Camiño teñen previsto organizar con motivo do Ano Santo.

- 12:02 04/03/1999
Tags:

Ademais, o titular do Ministerio de Cultura presentou os novos selos que a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre puxo en circulación con motivo do Xacobeo 99. E xa pola tarde, Rajoy inaugurou as IV Xornadas do Voluntario Cultural.

A reunión do Consello Xacobeo contou coa presencia do conselleiro de Cultura, Jesús Pérez Varela, que actuou como vicepresidente, e do director xeral de Cooperación e Comunicación Cultural do Ministerio, Rafael Rodríguez-Ponga, na súa condición de secretario.

Actuaron como vocais polas autonomías os conselleiros de Cultura de Asturias, A Rioxa, Aragón, Navarra e Castela-León, ademais do conselleiro de presidencia e un representante do gobierno basco.

Por parte da administración central estarán presentes o director xeral de Relacións Culturais, o secretario de Estado de Cultura, o subsecretario de Fomento, o subsecretario de Medio Ambiente, e o director xeral de Belas Artes, ademais de representantes do Ministerio de Economía e de Turespaña.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: